A construción BIM é a clave do éxito profesional para a execución das nosas construcións e reformas
A colaboración continuada con Arquitectos, Enxeñeiros, Arquitectos técnicos e outros profesionais da rama da edificación e obra civil sumado as esixencias da actual normativa esixen cada vez mais unha comunicación rápida, dilixente e eficaz entre os diferentes actores implicados nun proxecto de edificación.
As novas tecnoloxías puxeron ao servizo do sector programas informáticos que hoxe en día son indispensables no dia a dia dos profesionais do sector da construcción, en Exprococ dispomos de persoal propio e cualificado, con unha visión global do proceso, manexando softwares de última xeración e intercambiando archivos de calquer tipo, para unha óptima colaboración entre profesionais.
Na transcurso das ultimas décadas, pasouse de debuxar a man a utilizar programas CAD de debuxo asistido por ordenador, o cal sigue sendo o mais habitual no sector, pero a evolución destes softwares deu lugar a unha nova xeración de programas nos que non se debuxa, senon que se constrúe virtualmete un edificio ou obra de enxeñería que contén toda a información relativa a cada elemento, proporcionando a facilidade de ter varios profesionais traballando nun único modelo, contemplando así a información necesaria e favorecendo a colaboración entre todos os axentes que interveñen; para todo o ciclo de vida do proxecto “Dende o deseño e a construcción, ata o mantemento”, estas novas ferramentas e procesos deron lugar a chamada “Metodoloxía BIM”.
Esta metodoloxía pode abarcar os proxectos e procesos tradicionais, pero está especialmente indicada para procesos de prefabricación e montaxe que se van incorporando no ámbito do sector paulatinamente.
Os proxectos BIM son un enfoque integral para planificar, deseñar, construír e xestionar edificacións ou infraestruturas a través dun modelo dixital colaborativo. Este modelo non só representa a xeometría do proxecto, senón que tamén integra información detallada sobre os materiais, custos, tempos, mantemento e funcionamento dos elementos implicados.
Principais características dos proxectos BIM:
Modelado 3D intelixente:
Os proxectos BIM baséanse nun modelo tridimensional que inclúe todos os elementos do edificio ou infraestrutura, como paredes, fiestras, tubaxes, sistemas eléctricos, etc.
Integración de datos:
Ademais da xeometría, o modelo BIM contén datos asociados a cada elemento: propiedades físicas, especificacións técnicas, custos, tempos de instalación, entre outros.
Colaboración en tempo real:
Permite que diferentes disciplinas (arquitectos, enxeñeiros, construtores, xestores do proxecto, etc.) traballen nun modelo centralizado, promovendo a coordinación e reducindo erros.
Ciclo de vida completo do proxecto:
Os modelos BIM poden ser utilizados en todas as fases do proxecto, dende o deseño inicial ata a construción, operación e eventual demolición.
Simulación e análise:
Pódense realizar simulacións para avaliar o rendemento enerxético, calcular custos, prever conflitos entre disciplinas (clash detection) e optimizar procesos construtivos.
Vantaxes dos proxectos BIM:
- Redución de erros e omisións: A integración de diferentes disciplinas nun modelo centralizado axuda a identificar e resolver conflitos antes da construción.
- Aforro de tempo e custos: A planificación detallada e a detección temperá de problemas permiten unha execución máis eficiente.
- Mellor comunicación: Todas as persoas implicadas teñen acceso a información clara e actualizada.
- Xestión eficiente do mantemento: Os datos do modelo poden ser utilizados para xestionar a operación e o mantemento do edificio.
En resumo, os proxectos BIM representan unha evolución significativa na industria da construción, mellorando a precisión, a eficiencia e a colaboración ao longo de todo o ciclo de vida dun proxecto.